Vigo al día

O Concello cede gratuitamente á Xunta varias parcelas para construír 62 vivendas de protección

O alcalde asinou este luns ante notario un documento que formaliza a cesión á Xunta de Galicia de parcelas de solo municipal de carácter residencial para a edificación de 62 vivendas de promoción pública e catro locais comerciais, nas rúas Chantada, Ignacio Grobas e Cambeses.

En declaracións aos medios, Caballero explicou que o solo que achega “gratuitamente” a administración local suma un valor patrimonial de 1,2 millóns de euros e por tanto “é o Concello o que promove ante a Xunta esta acción” de vivenda social.

También te puede interesar