Vigo al minuto

A ‘Casa do Patín’ de Bouzas estará aberta para sede de colectivos cidadáns, espazo de lectura e oficina municipal

O alcalde visitou este luns a recuperada Casa do Patín, en Bouzas, un «edificio singular de importancia histórica» de Vigo, que será adicado para usos públicos: sede de colectivos cidadáns, un espazo de lectura, un salón de actos e unha oficina municipal.

Abel Caballero lembrou que hai cinco anos este inmoble era unha “ruína” maila a ser un dos edificios máis importantes da cidade “e estar catalogado con protección integral”.

Segundo subliñou, no mandato anterior o goberno local acordou a súa expropiación, por algo máis de medio millón de euros, no 2013 acometeu obras de urxencia para garantir a súa estabilidade, no 2014 aprobou o proxecto básico e de execución,  licitou a obra por case medio millón de euros e adxudicouna en 385.000.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.