Vigo al minuto

Acampada diante do Concello para protestar contra a política de vivenda do Goberno local e da Xunta

Membros da rede social de Vigo iniciaron este sábado unha acampada indefinida fronte ao Concello para reclamar medidas contra a pobreza e que o Concello e o Goberno de Galicia traballen xuntos neste eido.

‘A pobreza mata’, ese foi o acto de protesta apoiado por colectivos coma Os Ninguéns, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Marea de Vigo, o BNG e a CIG ou a Rede de Solidariedade Popular.

A intención dos acampados é estar na Praza do Rei ate que o alcalde se sente con eles para escoitar as súas esixencias, empezando por acabar cos desafiuzamento contando cun parque municipal de vivendas; tamén piden cambios no funcionamento do albergue eliminando o límite de dez noites por usuario, ademais de que se cre un centro de inclusión na cidade.

También te puede interesar