Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis considera “insuficientes” os horarios do Vitrasa ao Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, considera insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, que comunicará Teis co Álvaro Cunqueiro,  anunciada onte polo alcalde. Como informou vigoalminuto, aa proposta  inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas.

Segundo a asociación veciñal non hai ningún servizo o resto do día, “¿e se un veciño de Teis, quer desprazarse en autobús ao hospital fora deste horario. Cal é a alternativa? Que servizo haberá os sábados, domingos e festivos?”.

A Asociación Veciñal lembra que leva meses denunciando, “convocamos 7 manifestacións, recollemos case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias, non se tratar só de anunciar a posta en funcionamento unha nova liña. Esa liña debe atender as necesidades da veciñanza e favorecer que a veciñanza utilice o transporte urbano”.

Tendo todo isto en conta, se convoca unha asemblea este vindeiro mércores 22 de febreiro ás 19:30 horas, no local da asociación, para coñecer a opinión da veciñanza. A xunta directiva trasladara nesta asemblea unha proposta alternativa de horarios a presentada polo Concello, para que a veciñanza decida.

También te puede interesar