RGPD - Cookies

O Congreso,a favor de ceder a AP-9 á Xunta co voto en contra do mesmo PP que pide esa transferencia en Galicia

O Congreso dos Deputados, cos votos a favor de PSOE, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), o Partido Nacionalista Vasco, Compromís y Bildu, aprobou este mércores unha proposta de En Marea para instar ao Goberno a que transfira a AP-9 a Galicia.

O Partido Popular e Ciudadanos, votaron en contra da proposta, maila a que o Goberno de Galicia e o seu presidente, o popular Núñez Feijóo, e os deputados do PP no Parlamento de Galicia pedisen esta cesión en varias ocasión, a derradeira hai menos dun mes.

Curiosamente, o deputado ourensán do PP Celso Delgado censurou “a demagoxia partidaria” de En Marea, sublimando que xa hai unha comisión integrada polo Goberno galego e o Central para compartir as decisión sobre a autoestrada.

También te puede interesar