'Qué te cuentas?'

Programa especial no IES Terra de Turonio, de Gondomar, polo ‘Día Mundial da Radio’

O vindeiro luns 13 de febreiro, con motivo do ‘Día Mundial da Radio’, o instituto Terra de Turonio de Gondomar vai realizar unha emisión especial. Dende hai anos, o centro participa nas actividades promovidas por ‘Ponte…nas ondas! e a radio escolar constitúe un recurso educativo que se coordina desde o Equipo de Normalización Lingüística.

Toda a programación está realizada polo alumnado e o profesorado do centro contando coa colaboración de persoas e institucións da comarca. A programación especial de 8 horas de emisión poderá seguirse desde a Web do propio instituto e dende o coñecido portal escolasnasondas.com.

A programación será: 10.00–10.05 – Presentación da xornada especial de Radio Turonio . Alumnado 1ºB; 10.05–10.40 – Entrevista en directo co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Inauguración do portal Web “Escolas nas Onddas’. Alumnado de 4º B;10.40–11.15 – Cantares do Brión. Entrevista a un membro deste coro tradicional. Alumnado de 4º; 11.15–11-30 – A Ecoaula, un modelo de aula sostible. Alumnado de 4º; 11.30–11.45 – A Familia Terrible. Entrevista a dous compoñentes do grupo de música tradicional Os Terribles de Donas,  Alumnado de 3º; 11.45–12.00 – Un texano en Turonio. Entrevista ao lector de inglés, Peter, de Texas; 12.00–12.15 – ‘Aló Canadá’. Conexión por videoconferencia co ex-alumno Anxo Iglesias desde Canadá. Alumnado de 3º; 12.15–12.45 – Deletreando. Entrevista coa escritora e profesora da Universidade de Vigo, Rexina Veja. Alumnado de 4º; 12.45—13.00 – No Punto de Mira. Programa do alumnado de 1ºA; 13.00–13.15 – Teatro Radiofónico. Teatro radiofónico en inglés. Alumnado de 3º; 13.45–13.45 – Dúo Ameva.Entrevista co ex-alumno Diego Bea, membro do dúo musical Ameva. Alumnado de 3º.; 13.45–14.00 – Café Irlandé. Entrevista á familia Hamilton de orixe irlandesa. Alumnado de 1º C; 14.00–14.30 – O Leo. Entrevista co cantautor e ex-profesor do centro Leo i Arremecághona. Alumnado de 3ºA; 14.30–15.30 – Programas especiais elaborados en Radio Turonio; 15.30–16.00 – Concurso telefónico Quen Canta? Alumnado de 1º. Chamadas en directo ao teléfono: 639 294 251; 16.00–16.30 – Concurso telefónico Onde está o Premio? Alumnado de 3º.Chamadas en directo ao teléfono : 639 294 251; 16.30–17.00 – O meu cabalo.Programa sobre os cabalos do alumnado do instituto. Alumnado de 3º e 4º.; 17.00—17.30 – Gill@s do Galiñeiro. Programa do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural; 17.30–17.45 – Carlos Casares. Letras Galegas 2017. Programa do alumnado de PEMAR; 18.00 – 18.15 – Despedida da programación especial do Día Mundial da Radio.Alumnado de 1º.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.