Galicia

12.000 mariñeiros que traballaron en Noruega piden ao Goberno que faga algo para que se lles recoñezan as súas pensións

Vanessa Angustia, senadora de En Marea, xunto a Alberto Paz, Presidente da asociación de Ex-Mariñeiros ‘Long Hope’, esixiron ao Ministerio de Exteriores a súa implicación no conflito que 12.000 mariñeiros manteñen en Noruega.

Desde 1948 e ata 1994 todos eles faenaron en alta mar en buques con bandeira noruega, abandonando os impostos equivalentes ao IRPF. Anos despois, sen embargo, ese traballo realizado non computa a efectos de pensión de xubilación, sen que reciban retribucións nin do Estado Español nin de Noruega, atopándose nunha situación de auténtica desprotección social.

Entre o 3 e 5 de abril próximos no xulgado de primeira instancia de Oslo analizará o contencioso que enfrenta aos ex-mariñeiros españois co Estado Noruego. É a primeira parada dun periplo xudicial que podería alongarse por anos, obrigando aos ex-mariñeiros a acudir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Non obstante, a realidade é que moitos de eles teñen idade avanzada, viven nunha situación de desprotección e desamparo, e poderían en moitos casos non chegar a ver unha victoria xudicial que finalmente recoñeza os seus lexítimos dereitos.

Por iso, a asociación ‘Long Hope’ reclama a súa mediación ao Goberno de España, concretamente do Ministerio de Asuntos Exteriores, para que apoie aos ex-mariñeiros nos tribunais noruegos, ou para que chegue a un acordo bilateral con Noruega que garanta unhas prestacións dignas.

A senadora Angustia, interpelou hoxe ao Ministro de Exterior, Alfonso Dastis, para coñecer que medidas políticas e diplomáticas tomará o Goberno para garantir a protección social dos 12.000 ex-mariñeiros representados pola asociación ‘Long Hope’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.