Comarcas

@ConcelloNigran empezou as obras que levaran o abastecemento de auga á parroquia de Parada

O Concello de Nigrán arrancou xa as obras que levarán o abastecemento de auga a prácticamente toda a parroquia de Parada. Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, corren a cargo da empresa COVSA, firma que resultou adxudicataria por 316.000 euros entre as 50 ofertas presentadas.  «A realidade é que no século XXI os veciños de Parada so poden recurrir a pozos para obter auga, unha situación que urxe remediar precisamente nun momento de seca como o actual no están expostos a quedarse sen suministro; dende o goberno local consideramos que é unha obra urxente e moi necesaria, é un investimento fundamental», valora o alcalde, Juan González.

Tendo en conta que é unha prioridade de goberno levar a auga a tódalas parroquias, no pleno do pasado mes de xullo decidiu asumir o custo das obras con cargo ao remanente de Tesourería tras ter revocado a Xunta unilateralmente  o convenio de 553.000 euros que contemplaba esta actuación -a corporación ao completo defendeu a vixencia do convenio, pero dende a Xunta se fixo caso omiso-. «É unha actuación comprometida dende o goberno socialista de Nigrán, como a Xunta non asume as súas responsabilidades debemos  facelo nos, non podemos agardar máis», sinala o alcalde, Juan González.

As actuacións que se están a levar a cabo teñen como finalidade ampliar a rede de abastecemento mediante a instalación dunha nova conducción que se enganche á xa existente no Parque Empresarial Porto do Molle e logo, a través dun bombeo, impulsar o auga ata un punto alto onde se construirá un novo depósito de regulación de 500 m3 _no Pico de Eiró, preto do paso superior da autoestrada AG-57_ dende onde posteriormente se dará servizo ás vivendas asegurando un subminstro óptimo. No entorno do Parque Empresarial Porto do Molle será onde se constrúa o pozo de bombeo que impulsará o auga ata este novo depósito.

«O primordial é que se fagan as obras e con este obxectivo as contratamos íntegramente dende o Concello, xa que un dos nosos compromisos electorais é levar saneamento e abastecemento a tódalas parroquias», asegura González.

Por outro lado, o Concello de Nigrán está pendende dos diferentes informes sectoriais para iniciar as obras que levarán o abastecemento aos barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda e que beneficiarán tamén á parroquia de Camos (barrios de O Castelo, A Lama y O Rial) e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332 (rúa dos Pazos). En total, máis de mil veciños se beneficiarán desta actuación que conta cun orzamento de 374.809,48 euros e que será financiada íntegramente pola empresa concesionaria Aqualia froito dun acordo co Concello. As obras previstas inclúen a súa posta en marcha xunto á instalación dunha nova canalización, un bombeo e un depósito.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.