Cultura

@depo_es pecha os castelos de Soutomaior e Sobroso ante o temporal de choiva e vento que se achega a Galicia

A Deputación de Pontevedra decidiu pechar os accesos aos castelos de Soutomaior e Sobroso por mor do risco que supoñen os refachos de vento  e as intensas choivas que se esperan para este venres, día 3, e mañá sábado, día 4 de xaneiro.

Dende a Deputación indican que esta mañá xa se producira o desprendemento dalgunha  pola dos árbores de Sobroso, polo que de acordo co servizo do 112 decidiuse pechar os accesos aos dous castelos para evitar riscos innecesarios a calquera visitante.

También te puede interesar