RGPD - Cookies
Comarcas

Preocupación pola investigación da UE sobre o proxecto Pousadas do Salnés, aprobado polo anterior goberno da Deputación

A presidenta da Deputación amosouse preocupada pola investigación que está a facer a Oficina Europea de Loita contra a Fraude sobre os fondos cos que se financiaron as  Pousadas do Salnés.«Non sei cómo vai rematar a investigación, agardo que sexamos quen de solucionar o tema, pero non está na nosa man”, dixo Carmela Silva.

O goberno da Deputación, integrado por PSdG e BNG, denunciara xa ao inicio do mandato que había “moitas irregularidades” na xestión destes catro establecementos turísticos deseñados para persoas con discapacidade.

Ata hoxe so o hotel da Lanzada abriu as súas portas mentres que os de Ribadumia, Armenteira y Meaño arrastran “problemas herdados do goberno anterior” da Deputación, presidido por Rafael Louzán .

Silva sinalou que a xestión do proxecto das Pousadas do Salnés era un “escándalo” e que tiña un custo de 9 millóns “que se foi a 27 millóns de euros”. A presidenta engadiu  que “todos os proxectos herdados do goberno anterior teñen problemas, irregularidades e, modificados ou sen modificar non cumprían coa lexislación”.

También te puede interesar