RGPD - Cookies
Galicia

As provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra, en aviso amarelo por choiva, vento e ondas, este mércores

Sete provincias do noroeste da Península estarán en aviso amarelo por ventos fortes e fenómenos costeiros, segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), entre elas A Coruña, Lugo e Pontevedra, nas que se agardan ventos de 90 quilómetros por hora –ademais A Coruña e Pontevedra estarán afectadas por fenómenos costeiros con ventos de forza 7-.

AEMET ven de activar o aviso por un temporal de vento, ondas e precipitacións que comezará este mércores no noroeste e seguirá ata o final da semana.

As temperaturas mínimas baixarán moderadamente e as máximas seguirán sen cambios o con lixeiros ascensos, Por cidades, Ferrol, Ourense e A Coruña chegarán ata os 14 graos, 13 teremos en Pontevedra e Vigo-cunha mínima de 8-mentres que en Lugo non superarán os 11 e o termómetro baixara ata os 6 graos.

También te puede interesar