Galicia

Morre un rapaz de 24 anos, xogador do equipo de fútbol sala de O Barco, nun accidente de tráfico no Bierzo

Jesús Carrera, de 24 años,  natural de Casaio de Valdeorras, en Ourense,  xogador do equipo de fútbol sala Pizarras Los Tres Cuñados, de O Barco, que viaxaba co seu irmán  a Segovia, para xogar un partido, morreu este sábado nun accidente de tráfico no concello de  Toral de los Vados, en León. O accidente consistiu non golpe frontal no que o irmán de Jesús, resultou ferido e evacuado en helicóptero.

O sinistro, no que o condutor doutro vehículo tamén resultou ferido, produciuse sobre as 2 e media da tarde: os dous coches impactaron de fronte á altura do quilómetro 429 da N-120.

Ata o lugar achegáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Ponferrada e  Emerxencias Sanitarias, que mandaron un helicóptero medicalizado, e  unha ambulancia de Soporte Vital Básico.

O persoal sanitario confirmou a morte do deportista e atendeu ao seu irmán e a persoa que viaxaba no outro coche, e que foron trasladados ao Hospital do Bierzo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.