Vigo al minuto

Recibidas no Concello 35 propostas para a rehabilitación de Panificadora

O Concello recibiu 35 propostas para o concurso de ideas para a rehabilitación da Panificadora e da súa contorna, a expensas dos que poidan entrar nos vindeiros días por correo ordinario, xa que o prazo remata o luns 30 de xaneiro.

Ao día seguinte, reúnese a comisión administrativa do concurso de ideas para comprobar que todas as propostas reúnen os requisitos formais esixidos. Tamén procederá á apertura do sobre no que cada un dos aspirantes propón o nome dunha persoa para integrar o xurado do concurso que se elixirá por sorteo entre todas as achegas ese mesmo día.

Segundo informou este venres o alcalde, desde ese día “estamos lanzados no proxecto de recuperación da Panificadora cunha cifra moi importante para as expropiacións” e, posteriormente iniciarase o desenvolvemento urbanístico do proxecto.

También te puede interesar