Deportes Vigo al minuto

O Goberno local asegura que o PP quere parar a reforma de Balaídos

O Goberno local denuncia, nun comunicado,que «a chamada Asociación en Defensa de Vigo, próxima ao Partido Popular, de cuxa xunta directiva forman parte, entre outros, unha destacada militante deste partido e outras persoas ben coñecidas por Alfonso Rueda-, que incluso actuaron como anfitrións en sendas conferencias pronunciadas en Vigo polo vicepresidente da Xunta»,presentou un recurso contra a adxudicación da obra de Río no estadio de Balaídos.

Este colectivo, asegura o Goberno local, trata de boicotear este proxecto solicitando a paralización e a suspensión temporal do procedemento ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Entre outras cuestións, continúa o comunicado,argumentan que pretenden impedir que ”se lle estean agasallando aos inversores estranxeiros que veñan adquirir a Sociedade Anónima Deportiva máis de seis millóns de euros das arcas municipais”.

Con estes «argumentos falaces tratan de paralizar a unha remodelación histórica do estadio municipal de Balaídos».

O Concello de Vigo mantén o seu «compromiso total coa reforma desta infraestrutura porque esta cidade, como apoio ao equipo, quere ter no seu campo de fútbol un emblema que traslade a imaxe que a cidade merece».

O Goberno local engade que Vigo está a experimentar un cambio excepcional nestes anos e «estes farsantes non nos van facer variar nin o rumbo nin a nosa determinación. Vigo é agora unha cidade distinta na que atención ao deporte en xeral e ao Celta en particular vai proseguir co seu percorrido».

As obras do estadio continuarán, subliña o Goberno local, porque «o máis importante, o orzamento, xa está aportado polo Concello e pola Deputación de Pontevedra. Polo tanto, despois do verán teremos reformada a grada de Río, tal e como estaba proxectado».

«O Partido Popular, esta vez, a través dunha suposta asociación, segue intentando paralizar a acción desta cidade, nesta ocasión, tratando de retrasar as obras nesta grada de Balaídos. Volverán a fracasar e lle seguiremos esixindo responsabilidades ao PP de Vigo e ao PP de Galicia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.