Vigo al minuto

A humanización da rúa Álvaro Cunqueiro divulgará a figura do xenial escritor lucense

O goberno local ten iniciado a humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, cun investimento de 921.000€, nunha primeira fase, que comprende toda a coroa circular interior e a conexión con Pintor Lugrís.

Segundo dixo o alcalde durante unha visita ás obras, Álvaro Cunqueiro é unha rúa «central» na cidade, «con moito tráfico rodado e un nivel de habilitabilidade moi importante», que vai ser humanizada en dúas fases.

A primeira fase da reforma, detallou, presenta un prazo estimado de catro meses de obras e contempla actuar en máis de medio quilómetro de lonxitude, instalando 2.500 metros cadrados de beirarrúas de granito. Ademais, o Concello cambiará 400 metros de canalizacións soterradas de saneamento, pluviais e abastecemento de augas.

Caballero engadiu que a fase en marcha da humanización prevé habilitar catorce novas papeleiras, bancos e 28 puntos de luz, ademais de repoñer servizos de telecomunicacións e electricidade. O rexedor avanzou que «queremos que a zona teña moito verde», polo que se disporán 52 árbores e 300 metros lineais de xardineiras.

O goberno local divulgará a figura do escritor lucense que da nome á rúa e tamén informará sobre a historia urbana do entorno. Para iso, o Concello apoiarase en paneis informativos emprazados no propio vial e nun espazo na web ao efecto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.