RGPD - Cookies
Galicia

A pensión media en Galicia é de 771,34€, so por riba dos 761€ de Estremadura

A pensión media en Galicia é de 771,34€, so por riba da de Extremadura- que está en 761- dacordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Por provincias, a pensión, media, en A Coruña é de 813,20€, en Pontevedra 812,34, en Lugo 683,2€ e de 664,80 en Ourense.

En total,  756.601 galegos cobran algunha clase de pensión, 293.133 viven na provincia de A Coruña, 236.793 en Pontevedra, 117.751 en Lugo y 108.924 en Ourense, delas 470.240 son de xubilación e a súa cuantia media é de 876,22€.

As pensións de viuvez, 186.974 en total, están nos 544,75€ e as de incapacidade permanente, máis de69.000, en 831,26€, de media.

También te puede interesar