Vigo al minuto

En marcha a programación de ‘Vigocultura’ de febreiro a abril

A Concellería de Cultura presenta a programación municipal de artes escénicas «Vigocultura» que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello, na Praza do Rei, dende o venres 3 de febreiro ao domingo 30 de abril, ambos inclusive.

No ano 2016, a programación «Vigocultura» tivo un total de 9.000 espectadores, sendo os espectáculos mellor valorados polos espectadores o Monólogo do imbécil, da compañía Eme2 Emocion&Arte, Kepa Junkera&Sorginac en concerto e The Funamviolistas, no que respecta a público adulto, e Chíos, espectáculo para bebés da compañía Teatro da Semente, Chefs, da compañía Yllana, e Invención, do grupo Odaiko, en canto ao público familiar.

A programación para este semestre, composta por espectáculos de rúa, música, monicreques, teatro, comedia, danza, teatro de máscara e circo, comezará co espectáculo de rúa «Fitness», de Ibuprofeno Teatro, o venres 27 de xaneiro ás 6 da tarde, cunha aloucada e frenética muller adicta ao fitness, que desde a praza da Princesa até a farola de Urzáiz, dará unha clase colectiva de «ximnasia» presentando a programación de «Vigocultura» aos viandantes.

O venres seguinte, día 3 de febreiro, comezará a programación no Auditorio Municipal do Concello coa actuación de Radio Cos, o grupo de Xurxo Fernández e Quique Peón, que presentarán o seu novo disco «Pasatempo». O venres 10 de febreiro, a compañía viguesa Artello Teatro presentará na súa cidade o espectáculo «Non toques os meus círculos», espectáculo que obtivo a Mención de honra á posta en escena na Final de Ciencia en Acción 2016.

Compañías como Chévere, ButacaZero, Teatro de Ningures -conmemorando o Día Internacional da Muller-, Voadora, Ilmaquinario, Kulunka Teatro, a compañía arxentina Criolla, Ibuprofeno -coa obra O Furancho, Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premios María Casares 2016 ao Mellor Autor e Premio Fetega ao Mellor Espectáculo e Mellor Actriz con Isabel Risco-, Excéntricas -conmemorando o Día Internacional do Libro, co primeiro espectáculo de Valle-Inclán traducido ao galego da historia, A cabeza do Dragón, e dirixida por Quico Cadaval, que tamén está no elenco-, e Traspediante e Pistacatro -Día Internacional da Danza-, completan a programación adicada ao público adulto, que terá lugar os venres ás 9 da noite.

En canto á programación para toda a familia, que se desenvolverá os domingos ás 12:00 h, comezará con música con «A Nena Que Quería Navegar», de Redrum Teatro; completan a programación as compañías Expresión Produccións, Galitoon -espectáculo coa técnica da luz negra-, Farrés Brothers&Cia -viaxe en globo «estático», Premio Feten 2016-, Limiar Teatro, Las Tricotouses –danza-, Avoayouja -espectáculo para os máis pequeniños-, Ghazafelhos, La Canica -conmemorando o Día Mundial do Libro Infantil e Xuvenil, Premio Feten 2016 ao mellor Espectáculo de Títeres-, Perez&Fernandez -espectáculo infantil revelación no ano 2016 no panorama do teatro galego-, Artestudio -conmemorando o Día Internacional do Libro, merecida homenaxe a Agustín Fernández Paz- e Otradanza.

En resumo, neste semestre haberá un total de 24 grupos e compañías programadas, con 25 espectáculos diferentes e 29 funcións.

Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. Así, os prezos das entradas para os espectáculos para adultos son de 5 e 8 €, dependendo dos cachés das compañías e grupos, e os dirixidos a público familiar de 3 e 5 €, polo mesmo criterio.

As entradas poderán adquirirse anticipadamente a partir deste venres, sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes, a través da páxina web de Ticketea, no teléfono 902.044.226, na Central de Espectáculos – na rúa Velázquez Moreno, 26-, ou o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio, a partir dunha hora antes do comezo -sempre que houbese entradas disponibles-.

Os abonos para a programación deste periodo pódense combinar entre todos os espectáculos en paquetes de 5 ou 10 espectáculos, con importantes descontos do 15 e 25 % respectivamente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.