RGPD - Cookies
Galicia

-14, -12 e -10 grados en Galicia este xoves, as temperaturas máis baixas en 15 anos

Varios concellos galegos, a meirande parte deles das provincias de Ourense e Lugo, rexistraron este xoves as temperaturas máis baixas dos últimos 15 anos, dacordo cos datos de MeteoGalicia. En Calvos de Randín, esta mañá o termómetro baixou ata os -14,4 graos, -12,4 tiñan en Baltar, -11,1ºC en Verín, -10,6º en Vilariño de Conso e -10º en Viana do Bolo.

Na provincia de Lugo, en Pedrafita do Cebreiro, estaban a -9,3ºC esta manciña e en Sarria a -9 graos ás 9 da mañá. Polo que se refire á provincia de Pontevedra, Lalín rexistrou -8,8ºC á 9:00 h. e, en A Coruña a mínima foi para Arzúa, con -4ºC.

También te puede interesar