Cultura Vigo al minuto

@AsembleaDeCoia empeza este domingo un peche de 2 días para esixir a absolución de Diego Lores

Membros da Asemblea Aberta de Coia empezarán este domingo un peche de dous días para esixir a absolución de Diego Lores, que foi denunciado por empurrar a un axente de policía que sufriu lesións durante unha das protestas, en decembro de 2014, contra a instalación por parte do Concello do barco Bernardo Alfageme na ‘Rotonda de Alcampo’.

O peche, que se fará na Parroquia do Cristo da Victoria, en Coia, rematará o martes, día 12, ás 9 e media da mañá, para acompañar a Diego ata o Xulgado, na rúa Lalín onde os membros de Asemblea Aberta de Coia se concentrarán antes do xuízo contra Lores.

Diego Lores enfróntase a unha pena de 3 anos e medio de prisión e unha sanción de 30.356 €  por responsabilidade civil. O colectivo, que insiste na súa inocencia, fai un chamamento a sumarse a esta iniciativa para «desmontar unha montaxe policial que busca criminalizar a loita veciñal e social en Vigo, da que Lores é un dos seus referentes xa que sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.