RGPD - Cookies
Galicia

O Porto de Vigo aproba un orzamento de 5 millóns para a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN)

Os orzamentos do Porto de Vigo para este ano, xa pechados, recollen o investimento de máis de 14 millóns en distintas actuacións, entre elas 5 millóns para a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, a popular PLISAN.

Segundo sinala a propia Autoridade Portuaria nun comunicado, o Plan de Empresa 2017, aprobado xunto con Porto do Estado, abrangue, entre distintas inversións, a devandita cantidade de 5 millóns para o desenrolo da primeira fase da urbanización dos sistemas xerais, a a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP)e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da PLISAN.

También te puede interesar