RGPD - Cookies
Galicia

400.000 vehículos polas estradas galegas coincidindo coa ‘Ponte de Reis’ que empeza este xoves

Dende as 3 da tarde deste xoves, día 5 de xaneiro, está en marcha a terceira, e derradeira, fase da Operación de Nadal, impulsada por Tráfico que coincide coa ‘Ponte de Reis’, na que están previstos, en Galicia, 400.000 desprazamentos por estrada.

A operación especial coincide coas cabalgatas nas principais cidades nas que, logo do atentado de Berlín, haberá importantes medidas de seguridade, en especial a circulación de camións e vehículos pesados.

Ata o pasado 1 de xaneiro, houbo 23 mortes nas estradas de todo o Estado fronte as 35 do Nadal de 2015.

También te puede interesar