Destacados

Este xoves, primeira xuntanza do goberno da Área Metropolitana sen alcaldes nin concelleiros do PP

Imagen:vigoalminuto/Este xoves, día 29 de decembro, ás 11 da mañá no antigo Reitorado, terá lugar a primeira reunión da Xunta de Goberno da Área Metropolitana.

O presidente da mesma adiantou que os principais asuntos que abordará o goberno metropolitano será o estudo das solicitudes para integrarse na entidade dos concellos que pediron entrar na mesma; a solicitude da Xunta e Deputación para constituír o Comité de Cooperación; a constitución dos grupos políticos metropolitanos e as propostas para as vicepresidencias, ademais da designación da sede da Área e o informe sobre a elaboración do Plan Metropolitano Cuadrienal.

En relación con este Plan, Abel Caballero comentou que o documento trazará as liñas de actuación da Área Metropolitana para os vindeiros anos, e subliñou que «a Área Metropolitana de Vigo vai empezar a tomar decisións en favor dos cidadáns».

Pola súa banda, alcaldes e concelleiros do Partido Popular adiantaron que non entrarán no goberno da Área e no participarán na toma de decisións, reafirmaron a opinión da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, expresada xusto despois da constitución do organismo, o pasado día 1, no que indicaron que dan por morta a mesma e dubidaban da lexitimidade de Abel Caballero coma presidente.

Hai unha semana a nova presidenta do PP de Vigo e voceira municipal do Partido Popular, Elena Muñoz, adiantaba que «o Partido Popular non vai a estar na Área Metropolitana que se quere construír ao servizo dunha persoa, o Partido Popular participará cando realmente sexa para traballar ao servizo dos cidadáns” ao tempo que, coma o resto do representantes do seu partido, puxo coma condición a integración “efectiva e real” de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.