Vigo al día

O Casco Vello de Vigo rematará a rehabilitación de 4 novos inmobles a principios de 2017

As obras de rehabilitación de catro inmobles na rúa Ferrería, no Casco Vello de Vigo, estarán rematadas no primeiro semestre de 2017, en principio para os meses de primavera.

Unha vez que estean rematadas, contará con 6 novas vivendas e 2 locais comerciais máis na zona alta do barrio histórico. Ademais, a previsión é que o procedemento administrativo para levar a cabo o sorteo público e ante notario destas 6 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) se inicie no primeiro trimestre do ano.

No que respecta ás obras de reestruturación en Ferrería 10-12, permitirán contar con 2 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo e unitario edificio. A actuación foi proxectada polos arquitectos Antonio Cominges Carvallo e Harald Binkele e a adxudicación dos mesmos se fixo por 270.000 euros. Segundo o proxecto, as vivendas serán de 1 dormitorio e terán unha superficie útil de 56,79 m2 cada unha, ademais de contar cun patio exterior para a entrada de luz natural. O baixo contará con arredor de 37,48 m2.

Mentres, os traballos de rehabilitación en Ferrería 45-47 permiten a construción doutras 4 vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio cun investimento de 670.000 euros. Neste caso, se contará cun dúplex de 3 dormitorios, 1 vivenda con dúas habitacións e, por último, 2 pisos con 1 dormitorio ademais do baixo comercial. As superficies resultantes oscilarán entre 56,65 metros cadrados dun piso de unha habitación e 119,65 m2 do dúplex. O local contará con 63,60 metros cadrados. O proxecto contempla a existencia dun xardín posterior para conseguir luminosidade ademais de respectar e protexer as lareiras de acordo coa normativa.

 

También te puede interesar