Vigo al minuto

Vigo, estrela do Nadal, na felicitación do alcalde

Un vídeo con imaxes de distintas partes de Vigo, lembrando que ‘Vivimos na cidade maís fermosa do mundo’. Así é a felicitación de Nadal do Concello, que está pendurada en Youtube e que no nome do alcalde chegou ás redacións de todos os medios informativos.

O vídeo, dun minuto, remata lembrando, entre varias tomas do alumeado de Nadal, que nestas datas esa fermosura ten unha nova luz”, “a luz da ilusión, da felicidade, da confianza nun futuro mellor para todas e todos”, e desexando que “esa luz nos alumee todo o ano” nun Vigo que é “a estrela do Nadal”.

También te puede interesar