RGPD - Cookies
Cultura

Galicia esmorece: nacen 612 nenos por cada 1.000 persoas que morren, o peor dato da historia

Os galegos esmorecemos. Literalmente. Dacordo cos datos demográficos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), en Galicia non so hai menor número de nacementos da historia, hai máis maiores de 64 anos que nunca e nunca houbo tanta diferencia entre o número de mortes e de nacementos: por cada 1.000 mortos apenas hai 612 nacementos.

Os datos sobre a demografía en Galicia son tan alarmantes que basta so un deles para ilustrar a gravidade do problema: entre xaneiro e xuño deste 2016 a poboación do Estado baixou en 12.998 persoas, pois ben, delas 6.951 eran galegas, máis da metade.

O envellecemento de Galicia é galopante e o decaemento no número de habitantes aínda é máis rápido: nun so ano hai 43 nacementos menos por cada 1.000 mortes, unha baixada que é de 170 en relación con 2008 e o número de novos cativos é o máis baixo dos últimos 40 anos: 612 por cada 1000 mortes fronte a 1.697 nados en 1975 fronte a 1.000 mortos.

Isto fai que o número de maiores de 64 anos sexa xa preto da cuarta parte de toda a poboación galega que, ademais, veu aumentar a súa idade media ata os 46,5 anos e a que so 14 dos 313 concellos de Galicia teñan máis nacementos que mortes: Ames, con 186 cativos máis que mortos, Arteixo, con 70, O Porriño, 56, Oroso, 46, Salceda, 44, Poio, 27, Cambre, 16, Burela, 15, Soutomaior, 10, Culleredo, 6, Gondomar, 3, Pontecesures, 2 e Nereira, 1.

También te puede interesar