RGPD - Cookies
Galicia

Galicia tratou a máis de 3.500 pacientes de Hepatite C no marco do Plan estratéxico do Sistema Nacional de Saúde

Un total de 3.578 pacientes iniciaron tratamento no Servizo Galego de Saúde no marco do Plan estratéxico para a abordaxe da Hepatite C no Sistema Nacional de Saúde (SNS) no período comprendido entre o 1 de abril de 2015 e o 31 de outubro de 2016. Deles, un 69% deles eran homes e un 31% mulleres, cun rango de idades que van desde os 16 aos 89 anos.

Este novos tratamentos permitiron que entre esas 3.578 persoas estiveran incluídos un 30% de doentes que se atopaban en estado cirrótico e un 62% que non recibiran antes tratamento para a súa enfermidade.

Así, en relación ao grado de dano hepático nos pacientes, estes tratamentos chegaron a un 30,43% de cirróticos; 24,82% de doentes cun grado de fibrose F3; 32,76% de persoas con grado de fibrose F2; e un 7,63% de grado de fibrose F0-F1, un total de 273 pacientes onde se sitúan mulleres con desexos de procrear, persoas de alto risco de contaxio, transplantados, persoas en lista de espera e doentes con manifestacións extrahepáticas da enfermidade.

O grado de efectividade na eliminación do virus alcanzado con estes tratamentos na poboación galega é do 95,88%, que ascende ao 97,18% se non se contabilizan os doentes que non remataron o tratamento por distintos motivos.

A estes datos hai que sumar os dos pacientes que recibiron tratamento antes da entrada en vigor do plan nacional, 1.137 pacientes con tratamentos autorizados entre o ano 2012 e o 1 de abril de 2015, cando se puxo en marcha. Polo tanto, dende 2012 téñense tratado máis de 4.700 persoas cos novos tratamentos para a Hepatite C.

 

También te puede interesar