@PorrinoConcello pide o máximo apoio ao filme @queridagina a 2 días de coñecerse se é candidata a @PremiosGoya

A falla de 48 horas que poden ser definitivas, o Concello do Porriño apura as oportunidades para conquerir que a película ‘Querida Gina’-que narra a historia que viven dous veciños de Cans ao final da súa vida– logre algunha das sete candidaturas para aos Premios Goya ás que  opta o filme: Mellor Película,  Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal, Mellor Dirección de Produción, Mellor Montaxe, Mellor Son e Mellor Película Documental.

A alcaldesa mantivo este luns unha xuntanza coa directora do filme, Susana Sotelo, para coñecer, apenas dous días antes de que se difundan as candidaturas aos premios máis importantes do cine español, cómo poden axudar as institucións, empezando polo Concello, para conquerir que os membros da Academia de Cine dean o seu voto á cinta protagonizada polos veciños da parroquia de Cans Juan Sánchez e Serafín Rodríguez.

Susana Sotelo, que ademais de directora é co -guionista da película xunto con Carla Rivera, relatou as dificultades para realizar a rodaxe desta historia, que empeza en 1959 cando Juan e Serafín, veciños de Cans, están facendo a mili en Zaragoza, onde empezaba a rodaxe dunha superprodución de Hollywood, ‘Salomón e a raíña de Saba’, protagonizada por Yul Brynner, e Gina Lollobrigida. Juan e Serafín preséntase para da facer de extras, logran saír na cinta e ver, so dende moi lonxe, á fermosa actriz italiana.

En 2010, medio século máis tarde, contando aquela historia de xuventude, Susana Sotelo proponlles viaxar ata Roma para cumprir o seu sono de xuventude: ir á casa de Gina Lollobrigida e coñecela en persoa.

Empeza entón unha convivencia dun mes, dende a saída dende O Porriño, por estrada, camiño de Roma, pasando polo Norte de España, a Costa Azul francesa e o Oeste de Italia, ata a cidade eterna,  no que  Susana Sotelo filma máis de 300 horas de anécdotas, conversas e experiencias vividas por Juan, chofer de profesión, Serafín, enterrador de Atios e de Cans, e o mozo galés Tim Randall, que os acompaña nesta ‘expedición’, 300 horas que se quedan finalmente nunha metraxe de 102 minutos.

O filme que contou cunha subvención de Media Europa Cinema, e a colaboración do Goberno de Galicia, do Instituto da  Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), da ONCE, de R e do Concello do Porriño, compite con outras 154 obras, en especial, lembrou Susana Sotelo, con filmes de ficción, asinados por profesionais da traxectoria de Fernando León de Aranoa, e que na maioría dos casos tiveron a posibilidade de contar con unha campaña de promoción ao longo de varios meses.

Nos dous días que quedan ata que se coñezan as candidaturas aos Goya, o Concello do Porriño, fará unha campaña de apoio a ‘Querida Gina’ nas redes sociais e pedirá o respaldo para a película en Internet e nas redes sociais co hastag #QueridaGinaGoya2017.

También te puede interesar