Comarcas Cultura

O pianista Alejo Amoedo presenta en Redondela o seu disco sobre as obras de Reveriano Soutullo

O pianista Alejo Amoedo presenta esta semana o seu disco en Redondela con dous concertos que se celebrarán este martes 13 de decembro na Escola de Música de Chapela (ás 18.30 horas) e no Conservatorio Profesional Victor Ureña de Redondela (20.30 horas).

Tras anos recolleitando, investigando, estudiando e divulgando a obra para piano do compositor redondelán Reveriano Soutullo (1880-1932), Alejo Amoedo decidiu plasmar os resultados nún CD que se titula ‘Evocación’.

Neste traballo van incluidas 20 obras do mestre, así como un libreto de 36 páxinas que inclúe presentación a cargo da presidenta da Fundación Soutullo, Rosa Arija, e o catedrático da Universidade de Santiago, Carlos Villanueva. Conta tamén cunha cronoloxía vital así como unha portada con debuxo artístico de Irene Silva, fotos e imáxenes inéditas.

O proxecto contou coa colaboración da editora Dos Acordes, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dos concellos de Redondela e Ponteareas.

También te puede interesar