RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

Dez proxectos de investigación sanitaria buscan trasladarse ao sector privado e ao paciente

O Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia do Coñecemento en Saúde (ACIS), traballa, en colaboración coas tres Fundacións de Investigación Biomédica galegas, no codesenvolvemento de 10 proxectos de I+D do segundo programa de valorización dos resultados de I+D do Sistema Público de Saúde de Galicia PRIS-2 para avanzar na traslación dos resultados de I+D ao sector privado e, por tanto, ao paciente a través de varias iniciativas encamiñadas á captación de financiamento para materializalos.

O Programa PRIS-2, lanzado en setembro de 2015, recibiu 33 propostas. Tras máis dun ano de traballo, o PRIS-2 avanzou cun plan de execución de dez proxectos con potencial para convertirse en produtos e servizos punteiros de cara a mellorar o benestar social. A idea é, por unha parte, introducir tecnoloxías sanitarias de orixe galega e, ao mesmo tempo, xerar retornos económicos en base á súa comercialización.

En paralelo con outras iniciativas de financiamento público, ACIS puxo en marcha a iniciativa Esforza para que estes futuros avances poidan atraer o interese do sector privado, tanto de particulares como de institucións interesadas en potenciar o I+D e a innovación en saúde.

 

También te puede interesar