Comarcas

@regades anuncia a contratación das obras para a construción do campo de fútbol Fornelos-Oural en Salvaterra

O presidente en funcións da Deputación compareceu este mércores en rolda de prensa para informar da contratación das obras para a construción do campo de fútbol de herba sintética de Fornelos-Oural, en Salvaterra do Miño. Esta actuación, que foi adxudicada a COVSA entre as 20 empresas presentadas ó concurso e que comezará de xeito inmediato, desenvolverase nun prazo de 4 meses e contará cun orzamento de 350.593,77 €.

A Deputación de Pontevedra achegará o 75% do orzamento e o concello de Salvaterra o 25% restante para este proxecto que, en palabras de David Regades, “reformulará o campo de fútbol de terra actual para introducir céspede artificial, garantindo a seguranza das cativas e dos cativos que practican este deporte”. Amais, tamén se instalará unha rede de rego e nova iluminación así como se mellorarán todas as instalacións necesarias para a correcta utilización deste campo de fútbol, colocando 2 porterías de fútbol 11 e 4 de fútbol 7, para as máis cativas e cativos, dúas bancadas de xogadores e bandeiríns de córner flexibles.

Regades manifestou que con esta adxudicación “poñemos en marcha unha obra na que levábamos meses traballando, e damos resposta ás demandas da veciñanza do concello, que reclamaba con urxencia as actuacións que de xeito inmediato desenvolveremos en Fornelos-Oural”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.