Cultura Vigo al día

Os microrrelatos do café De Catro a Catro chegan a súa quinta edición

Un ano máis o café De Catro a Catro en colaboración coas editoriais Galaxia, Xerais, Elvira e a asociación cultural 4 Patacos, convoca o concurso de relatos curtos ‘Microcatrorelatos’, que no 2017 acadará a quinta edición.

O proceso se desenvolverá até o 26 de maio, data na que se celebrará a final do certame. Ademais, terán lugar catro eliminatorias previas, os días 27 de xaneiro, 24 de febreiro (especial Entroido), 31 de marzo e 28 de abril, todas elas ás 22.00 horas no café De Catro a Catro.

Destacou que o prazo para a admisión dos orixinais rematará o día 15 de cada mes, ás 23:59 horas. Aqueles orixinais recibidos con posterioridade ao día e hora de remate, entrarán no concurso do mes seguinte.

Por outro lado salientou que haberá dous premios: un primeiro premio outorgado polo xurado, que consistirá en 300 euros; e outro outorgado polo público congregado, de 200 euros.

Os relatos deberán estar escritos en galego, terán que ser orixinais e inéditos, non premiados con anterioridade, cunha extensión mínima de 1.000 e máxima de 1.500 carácteres, espazos incluídos. Presentaranse en formato Word con tipo de letra Times New Roman, tamaño 12, a dobre espazo. Serán enviados ao enderezo de correo electrónico [email protected] indicando en “asunto” o título do relato, que se repetirá no encabezamento do mesmo, e sen ningunha identificación do seu autor/a.

También te puede interesar