Cultura

@CristinaPato candidata a dous Premios Grammy

A gaiteira Cristina Pato opta a dous Premios Grammy, os principais do mundo da música,  pola súa participación en Silk Road Ensemble, candidata ao mellor álbum de ‘World Music’ por ‘Sing me home’; e polo filme documental ‘The music of strangers’, dirixido por Morgan Neville e candidato ao Grammy ao mellor filme musical.

Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble estreara en abril o disco ‘Sing me home’, que leva unha nova versión da canción galega ‘Cabaliño’, gravada xunto a músicos galegos e membros do proxecto ‘Rústica’.

O traballo fíxose ao mesmo tempo que ‘The music of strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble’, documental do gañador dun Oscar e un Emmy, Morgan Neville, que xa se estreara en cines de todo o mundo o pasado mes de xuño.

También te puede interesar