Ciencia y Tecnología Galicia

A Xunta pon en marcha bolsas de excelencia para atraer á mocidade galega no exterior

A Xunta de Galicia porá o vindeiro ano en marcha as Bolsas de Excelencia para a Mocidade no Exterior, dotadas inicialmente con 500.000 euros, e que supoñen a principal novidade nos orzamentos da Secretaría Xeral da Emigración.

Con elas preténdese captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos e mozas residentes fóra, fomentando o retorno da poboación activa laboral e contribuíndo a fixar novos residentes no territorio.

A oferta «centrarase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego, con especial atención aos estudos relacionados co sector primario» e co orzamento previsto preténdense cubrir os gastos de desprazamento, matrícula, aloxamento e manutención das e dos beneficiarios.

Entre as finalidades que perseguen estas bolsas atópase garantir a súa permanencia no territorio, unha vez rematen os seus estudos, mediante un itinerario personalizado para a súa inserción laboral en empresas galegas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.