Cultura Vigo al día

‘Querida Gina’, un filme protagonizado por dous veciños do Porriño opta a 7 nominacións aos Goya

serafin-e-juanUn filme protagonizado por dous porriñeses opta a sete nominacións aos Premios Goya 2017: Mellor Película,  Mellor Dirección Novel, Mellor Guión Orixinal, Mellor Dirección de Produción, Mellor Montaxe, Mellor Son e ellor Película Documental.

A historia empeza en 1959: Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, veciños de Cans, están facendo a mili en Zaragoza, onde empezaba a rodaxe dunha superprodución de Hollywood, ‘Salomón e a raíña de Saba’, protagonizada por Tirone Power, que morreu na rodaxe  e é substituído por Yul Brynner, e Gina Lollobrigida. Juan e Serafín preséntase para da facer de extras, logran saír na cinta e ver, so dende moi lonxe, á fermosa actriz italiana.

En 2010, medio século máis tarde, contando aquela historia de xuventude, Susana Sotelo proponlles viaxar ata Roma para cumprir o seu sono de xuventude: ir á casa de Gina Lollobrigida e coñecela en persoa.

Empeza entón unha convivencia dun mes, dende a saída dende O Porriño, por estrada, camiño de Roma, pasando polo Norte de España, a Costa Azul francesa e o Oeste de Italia, ata a cidade eterna,  no que  Susana Sotelo filma máis de 300 horas de anécdotas, conversas e experiencias vividas por Juan, chofer de profesión, Serafín, enterrador de Atios e de Cans, e o mozo galés Tim Randall, que os acompaña nesta ‘expedición’, 300 horas que se quedan finalmente nunha metraxe de 102 minutos.

querida-gina‘Querida Gina’, logo de moitas dificultades, pode estrearse a finais de 2015, estrea á que non chegarían os seus dous protagonistas, Juan e Serafín, que morren sen chegar a ver toda a película.

O Concello do Porriño apoiará as nominacións do filme para as candidaturas aos Premios Goya 2017, que se coñecerán o vindeiro día 14, con diferentes actividades relacionadas coa película, coa súa directora, Susana Sotelo, a súa co guionista, Carla Rivera, os diferentes membros do equipo, familiares de Serafín e de Juan, coma a súa filla, María Jesús, ademáis dos veciños de Cans, de onde eran os dous.

También te puede interesar