Cultura Vigo al minuto

Maratón de fotografías para retratar Vigo

maraton-fotografico

Xa está todo listo para o XXI Maratón Fotográfico Concello de Vigo, un concurso de fotografía que se celebrará o vindeiro 10 e 11 de decembro no que poderán participar maiores de 14 anos nas categorías analóxica ou dixital.

Os participantes deberán fotografar catro temas que serán facilitados pola organización en diferentes puntos de control co límite de que cada imaxe debe de tomar en Vigo. Os participantes deberán entregar as fotos, na sede da Agrupación Fotográfica Galega (rúa Uruguai, 17) entre as 18.00 e as 19.00h do domingo 11 de decembro.

O xurado escollerá tres gañadores que levarán un premio de 1.000, 500 e 300 euros á mellor serie fotográfica. O xurado poderá establecer algún outro premio especial se o estimase pertinente.

Os interesados deberán formalizar a súa inscrición o día do maratón no Dinamo Coworking (rúa Ecuador, 14) entre as 16.00 e 16.45 horas o vía correo electrónico no enderezo [email protected]A inscrición formalizarase co pagamento da cota, 10 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.