RGPD - Cookies
Galicia

@En_Marea pide o reforzo das frecuencias e prazas nos trens da liña A Coruña-Vigo para acabar coa saturación

tren-grande

Dado que Galicia é «das poucas comunidades autónomas sen un servizo de tren de proximidade e os servizos entre Vigo, Santiago e A Coruña están con moita frecuencia saturados«, o grupo parlamentario En Marea reclama unha solución urxente a este colapso para resolver as necesidades habituais dos usuarios do tren, creando máis frecuencias e un reforzo de prazas nas horas de maior demanda.

Segundo o grupo parlamentario, este servizo ferroviario é empregado a diario por un gran número de estudantes e traballadores e «non conta neste momento con frecuencias adaptadas ás necesidades horarias, aínda tratándose dun dos treitos maís demandados e rentables do país». Mostra desta falta de adecuación son, segundo En Marea, os colapsos que se dan en horas punta coincidindo co comezo e o remate das xornadas laborais ou a saturación dos venres e domingo pola tarde debido aos desprazamentos do estudantado.

«O ferrocarril do Eixo Atlántico que conecta A Coruña e Vigo é a demostración de que cando a oferta se adapta á demanda, o tranporte público funciona», sinala o vicevoceiro de En Marea Antón Sánchez, «pero neste treito o servizo é insuficiente». Malia as constantes queixas por parte dos usuarios, «que en moitos casos chegan ás estacións e se atopan cos billetes esgotados prohíbindo o seu acceso ao tren, Renfe fai ouvidos xordos».

También te puede interesar