RGPD - Cookies
Cultura

Empezan as obras de mellora do firme da PO-352, entre A Guarda e Camposancos

obrasA Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada PO-352 -A Guarda-Camposancos- ao seu paso polo Concello da Guarda, onde se invisten máis de 88.000€.

Estas actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo no que tamén se inclúen actuacións de rehabilitación do firme nas estradas PO-553, na Ponte de Goián, no Concello de Tomiño, ou na PO-552, nos municipios de Tomiño e Tui.

Na estrada PO-352 actuarase na totalidade da estrada, de 4,35 quilómetros de lonxitude, entre o punto quilométrico 1+680 ao 6+030. Ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección entre, concretamente, na travesía de Perillo.

Esta obra inclúese nun paquete de reforzos de firme foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.

 Os traballos proxectados no citado contrato comezaron na estrada PO-552, onde se actuou no treito comprendido entre os puntos quilométricos 59+300, preto da Tarrasteira, e 71+070, en Areas, nos municipios de Tomiño e Tui. Unha vez rematadas as melloras nesta vía comezaron os traballos na PO-352 e seguirán por último na PO-553.

También te puede interesar