RGPD - Cookies
Galicia

Caballero subliña que Vigo xa esta no transporte metropolitano e instó a quen pense o contrario que acuda á xustiza

alcaldeO alcalde asegurou este mércores que o Goberno local sumouse ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta o pasado mes de xullo «que é o que tiña que facer” e separou este tema da posta en marcha da Área Metropolitana, xa que o transporte «é un plan da Xunta e nada ten que ver» co Área.

Abel Caballero subliñou que Vigo cumpriu xa o seu compromiso asinando o convenio do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e que «dende aí as interpretacións que se fagan do mesmo corresponden aos xurídicos e aos técnicos do Concello, non ao alcalde», engadindo que se esa interpretación dos técnicos municipais e dos técnicos da Xunta non coinciden, o convenio contempla que as discrepancias han resolverse pola xurisdición contencioso-administrativa.

Así, Caballero instou a «que se cumpra o convenio e se hai desacordo, como é este caso, que se acuda á vía xurídica», como se indica no convenio.

También te puede interesar