Cultura

310.000 traballadores galegos, o 31,2% do total, cobra menos do salario mínimo que é de 6.791 € ao ano

traballandoO 31,2% dos asalariados galegos, esto é 310.000 traballadores, cobran menos ou igual que o salario mínimo interprofesional (SMI), que para este ano 206 é de 655,20€ ao mes, de acordo cos datos feitos públicos este mércores pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Esta porcentaxe é un 6,25% maior que en 2008, cando os empregados que tiñan estes ingresos era menos do 25%. Tendo en conta esta porcentaxe, os sindicatos demandan unha suba salarial de entre un 1,8 e un 3% o ano 2017.

No conxunto do Estado, o 34,3% dos asalariados en España (5.960.597 persoas) percibiron en 2015 uns ingresos salariais iguais ou inferiores ao salario mínimo interprofesional, por debaixo dos 6.791 € ao ano, o que supón case 760.000 persoas máis que en 2007, a pesar de que o número total de asalariados se reduciu nese período en case dous millóns, ata os 17,3 millóns.

También te puede interesar