Galicia

Traballadores de Ferroatlántica inician un peche indefinido no Concello de Cee

peche1Como anunciara, o Comité de Ferroatlántica iniciou este luns un peche indefinido no Concello de Cee, acción que estará acompañada de concentracións diarias, entre as as 6 e media e 7 e media da tarde, coa que se pretende por unha banda esixir ao presidente Feijóo que reciba á representación social e doutra demostrar á empresa o rexeitamento unánime da comarca á venda das centrais hidroeléctricas.

peche-2Alén dos delegados da CIG no Comité de Ferroatlántica, no peche tamén participan o Secretario Confederal de Organización, Paulo Carril, e o responsábel da Unión Local da CIG de Cee, Xabier Santos. Ademais, membros da central nacionalista acudirán cada día a arroupar aos compañeiros e compañeiras tanto no peche como nas concentracións.

Con esta nova acción reivindicativa, os traballadores e traballadoras queren demandar ao presidente do Goberno dde Galicia que atenda «dunha vez» a solicitude reunión cursada polo Comité e cumpra coa legalidade vixente desautorizando a segregación das actividades enerxéticas e de ferroaleacións e, polo tanto, impedindo a venda das centrais hidroeléctricas.

peche-3«Cada minuto que o Goberno permanece en silencio,  estalle dando azos á empresa para seguir con esta operación. Temos que lograr que a Xunta diga claramente que non se poden vender as centrais e por outro lado, temos que presionar a Ferroatlántica para que cese de vez nas súas intencións», aseveraba Paulo Carril ao inicio do encerro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.