Vigo al día

O Goberno de Galicia reitera que nin o Concello de Vigo nin Vitrasa presentaron os dispositivos de cobro para o transporte metropolitano

vitrasaO Goberno de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, reitera que “nin o Concello de Vigo nin Vitrasa” cumpriron aínda co seu compromiso de presentar ante a Administración autonómica a homologación dos dispositivos de cobro necesaria para a integración do autobús urbano da cidade no Plan de Transporte Metropolitano.

Tal e como afirmou onte en Vigo a conselleira, Ethel Väzquez, “o proceso de integración do autobús urbano no Plan de Transporte Metropilitano está paralizado á espera de que Concello e Vitrasa cumpran coa estipulación sétima do convenio asinado o pasado 6 de xullo entre as tres partes”.

O pasado mes de setembro, Vitrasa presentou ante a Xunta os dispositivos adaptados para os traxectos interurbanos, unha tecnoloxía que está en fase de correccións por parte da empresa.

Sen embargo, e “tal e como recoñeceron os responsables de Vitrasa na xuntanza técnica que mantiveron a pasada semana con representantes da Xunta e do Concello de Vigo”, os dispositivos homologados para o cobro das viaxes urbanas con Tarxeta de Transporte Metropolitano non teñen sido remitidos aínda ao Goberno galego.

Nesa mesma xuntanza, “o Concello de Vigo manifestou o seu rexeitamento a que ese dispostivo aplicase a tarifa fixada no convenio de 0,86 euros”.

A homologación deses dispostivios de cobro é indispensable para a posta en marcha efectiva da integración do autobús urbano de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano que se acordou o pasado 6 de xullo.

También te puede interesar