Vigo al minuto

Centos de xubilados saen á rúa en defensa das súas pensións

concentracion-jubilados-00

Centros de xubilados e pensionistas da CIG comezaron este xoves con concentracións en oito cidades galegas unha campaña para sensibilizar á poboación sobre a necesidade de mobilizarse en defensa do sistema público de pensións, do seu poder adquisitivo e polo dereito a que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional.

 

Nas distintas concentracións convocadas, ás que se sumaron no caso de Pontevedra e Vigo emigrantes retornados, fíxose un chamamento tanto a quen xa son xubilados como ao resto de sectores para que se mobilicen diante da inminente reforma das pensións.

Este colectivo denunciou que todas as informacións que poñen en cuestión a viabilidade do sistema público de pensións, a capacidade para pagar aos pensionistas actuais nos próximos anos ou mesmo a posibilidade de manter as pagas extraordinarias son «as mesmas mentiras de sempre, que teñen como obxectivo xustificar o desmantelamento do sistema público e universal das pensións para favorecer os plans privados dos que se enriquece as grandes empresas e bancos que as xestionan».

concentracion-jubilados

Galicia ten pensións por debaixo da media

O Colectivo de Xubilados e Pensionistas denuncia que nos últimos 6 anos houbo varios exercicios nos que non se revisou o importe nominal das pensións ou fíxose por baixo da inflación, chegando a incumprir a lei para a súa actualización pola desviación do IPC até que no ano 2013 se procedeu a anulación desta lei.

Para o colectivo, estas políticas provocan «un empobrecemento maior dos pensionistas, xa que case o 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo». En Galicia a pensión media está máis de 15 puntos por baixo da pensión media estatal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.