Vigo al minuto

@En_Marea pide a Xustiza novas medidas para acabar co colapso xudicial de Vigo

alexandra-fernandez-en-marea

A deputada por Pontevedra de En Marea, Alexandra Fernández, presentou este venres unha proposición non de lei no Congreso na que insta ao Ministerio de Xustiza a dotar a Galiza de máis xulgados para rebaixar a actual saturación e colapso existente.

Entre as demandas plantexadas está a de solicitar unha praza para a Sección número 6 da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, dado que é a máis colapsada de Galiza. Ademais, tamén require dous xulgados, un especializado en dereito de Familia e outro do Social para resolver «as necesidades máis urxentes que ten na actualidade a xustiza en Vigo».

Para esta proposición Alexandra Fernández fai valer algunha das conclusións do Informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, no que se indica que un 34,51% dos xulgados galegos, un de cada tres, soportan máis traballo do que poden asumir.

En concreto, Vigo e A Coruña son as dúas provincias que lideran a lista de xulgados con máis carga de traballo, con 19 e 22 órganos respectivamente que superan o índice do 150% marcado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

A parlamentar de En Marea destaca que segundo o Informe do CXPX, os xulgados de Primeira Instancia e Instrucción con sobrecarga de traballo son os números 1 e 2 de Viveiro, os tres de Vilagarcía, os números 1 e 2 de Cangas, o número 4 de Cambados, o número 2 de Redondela, o 1 de Porriño e o 1 de Marín. Outro dos datos que destaca é o feito de que oito xulgados galegos superen o 200% de carga de traballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.