Vigo al minuto

Mulleres en Accción #ViolenciaZero, dende este luns e ata o día 25 na Casa das Artes

carmela-silvaA presidenta da Deputacion de Pontevedra xunto co alcalde Caballero acompañado por varios concelleiros, inaugurou este luns na Casa das Artes a derradeira ‘parada’ da exposición ‘Mulleres en Acción #ViolenciaZero’, un proxecto de acción artística para reivindicar a igualdade de xénero e poner no foco de atención na lacra da violencia machista.

O obxectivo, como lembrou Carmela Silva, é «fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica fronte á violencia machista», facendo un chamamento a unha implicación real na loita en contra da violencia contra as mulleres.

A presidenta lembrou que por primeira vez este Goberno provincial conta cunha área específica de Igualdade pero que á súa vez funciona de xeito integrado en todos os departamentos.

Dende o organismo provincial, e a través desta mostra e doutras iniciativas, preténdese ademais insistir na necesidade de fomentar esta loita contra a violencia de xénero entre as xeracións máis novas.

violenciazeroA mostra, que estará aberta na Casa das Artes dende este luns, día 7,ata o vineiro 25 deste mes,  recolle os resultados da acción artística contemporánea do proxecto, desenvolvido simultaneamente o pasado 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por artistas galegas en 10 concellos da provincia -Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Moaña, Caldas de Reis e agora Vigo-.

Carmen Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de lle dar corpo a «Mulleres en acción: Violencia Zero» con diferentes recreacións artísticas o pasado 25 de novembro.

violenciazero1Todas elas son novas artistas galegas, polo que a través desta iniciativa tamén se visualiza o seu traballo, achegando así a arte contemporánea ás rúas a través do diálogo con todos os públicos e incentivando ao mesmo tempo a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.