Vigo al minuto

#MoitoPeixeRompeARede…a historia da oposición ao traslado do Alfageme a Coia

traslado-alfageme-a-coia#MoitoPeixeRompeARede é o título dun vídeo de 8 minutos que conta os meses de “loita veciñal” na rotonda de Coia, os meses anteriores e posteriores ao traslado do buque ‘Bernardo Alfageme’ e, asimesmo, as consecuencias da mesma.

As imaxes narran  oposición dun grupo de persoas contra o establecemento da embarcación na Avenida de Castelao e o seu rexeitamento ao «o desbaldimento de cartos públicos» deste proxecto que, para eles  foi un gasto “innecesario e inxustificable cando hai xente que pasa necesidade, que non pode chega a final de mes ou nin sequera pagar os recibos da auga, da luz ou manter a súa casa”.

O documental repasa o traslado, pola noite, do barco a Coia ata que acabou acabou chantado alí logo de ser escoltado por centos de axentes antidisturbios e policías locais, dende Beiramar.

O vídeo tamén refírese á condena dun ano de cadea a Xurxo R. M. por resistencia e lesións a un axente da Policía Local e ao proceso xudicial aberto contra Diego, ao que se lle reclama tamén 3 anos de cárcere e 30.000 € por responsabilidade civil…mentres o Ministerio Fiscal nega que houbese delito algún e pide arquivar o caso por falta de probas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.