Galicia

A @depo_es destinará máis de 1,1 millóns de euros para igualar o reparto de fondos entre concellos

deputacion-david-regades

A Deputación de Pontevedra porá en marcha un novo Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas (PICEI) a través do que se destinará máis de 1,1 millóns de euros aos concellos de Fornelos de Montes, A Lama, Silleda, Catoira, Vilaboa, As Neves, O Porriño e Forcarei. Trátase dun programa de cooperación complementario ó Plan Concellos que busca beneficiar a municipios con especiais dificultades territoriais ou afeccións debido á falta de implantación de infraestruturas ou servizos ocasionada polo desigual reparto de fondos.

A Deputación de Pontevedra ten como obxectivos prioritarios o establecemento e prestación dos servizos públicos mínimos así como asegurar o acceso da poboación da provincia ó conxunto dos servizos de competencia municipal.

O deputado provincial David Regades destacou que «pese á implantación do Plan Concellos, había necesidades urxentes de interese xeral que non estaban cubertas nos concellos pequenos debido, fundamentalmente, á diferenza de trato que o anterior goberno da Deputación realizaba no reparto de axudas”.

Neste contexto, David Regades destacou que tras analizar os datos dos programas que a institución provincial levou a cabo entre o 2009 e o 2015 “atopámonos cunha distribución de fondos a través da libre disposición que acadou os 29 millóns de euros, é dicir, o 20% do importe total das subvencións concedíase de xeito discriminado».

Dende a deputación aseguran que no anterior goberno entre 2009 e 2011 distribuíronse 11,3 millóns de euros por libre disposición e entre 2012 e 2015 outros 17,4 millóns, ós que hai que engadir 43,14 millóns mediante convenios outorgados por subvencións directas, o que significa que dos case 200 millóns de euros en subvencións que recibiron os concellos máis da terceira parte, é dicir 72 millóns, foron de forma directa a determinados concellos”.

O novo plan PICEI nace deseñado «tendo en conta as necesidades expostas polos propios concellos e concibido como un programa de cooperación municipal», co obxectivo de fomentar a redistribución dos recursos públicos para impulsar a equidade en servizos e equipamentos dos concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes.

O PICEI distribuirá os seus fondos entre os concellos de Fornelos de Montes (cun total de 145.000 € para a reforma do pavillón municipal), A Lama (con 80.000 € para un proxecto de eficiencia do alumeado público), Silleda (438.778,07 € para a dotación de herba sintética ó campo de fútbol A Gandareira de Bandeira), Catoira (125.000 € para o acondicionamento da casa do concello), Vilaboa (150.000 € para a remodelación do Club de Piragüismo de Paredes), As Neves (70.000 € para a mellora e conexión das captacións de abastecemento de auga), O Porriño (30.221,93 € para a mellora das instalacións exteriores no campo de fútbol do carballo da U.D. Atios) e Forcarei (90.000 € para un proxecto de mellora da sinalización dos núcleos urbanos)”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.