Vigo al minuto

A CIG denuncia as primeiras multas de 200 euros por aparcar mal no hospital Álvaro Cunqueiro

denuncia-trafico-cunqueiro

A CIG vén de denunciar que os usuarios e traballadores xa están a recibir as primeiras sancións por importe de 200 euros por estacionar mal na contorna do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, multas con datas do pasado mes de maio.

Dende o sindicado aseguran que, pese «ás reiteradas declaracións do acalde de Vigo, Abel Caballero, nas que prometía non multar aos coches mal estacionados nos viais do novo hospital», os traballadores e usuarios do hospital están a recibir sancións con data do pasado mes de maio, onde a denunciante é «a antiga xerente da empresa concesionaria».

A CIG recorda que non se coñece o estado no que se atopa o parking público que tiña pensado abrir o Goberno municipal, así como «os motivos do cambio de criterio do Concello, non só no que se refire ás súas competencias no ordenamento do tráfico senon, o que nos parece máis grave, no inicio do proceso sancionador con carácter retroactivo obviando as súas promesas, entre as que incluía a de retirar vehículos mal estacionados que supuxeran problemas de seguridade pero non sancionalos».

Desde a central sindical tamén denuncian os problemas de acceso ao hospital nos horarios de maior afluencia, como son as entradas e saídas do persoal, «agravados desde que se prohibiu o estacionamento en zonas non reguladas, sen ofertar outra alternativa que non sexa o aparcamento de pago da empresa concesionaria».

Por estas razóns solicitan ao Concello de Vigo e á Consellería de Sanidade a apertura, acondicionamento e ordenamento como aparcamentos gratuítos dos espazos existentes ao arredor do hospital que poidan ser susceptibles de ser usados con ese fin e que na actualidade carecen de uso e están sen urbanizar e o reordenamento do tráfico seguindo un criterio máis funcional para o transporte público e os servizos de transporte sanitario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.