RGPD - Cookies
Galicia

Becas para 137 alumnas e alumnos universitarios galegos para estudar en países extracomunitarios

estudanteA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución, que pode sonsultarse premendo aquí, pola que se conceden axudas para o alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios ao longo do curso 2016/17.

Un total de 137 alumnas e alumnos son beneficiarios destas bolsas, que medran por segundo ano consecutivo, acadando un orzamento total de 210.000 euros, un 36% máis ca no convocatoria anterior.

Outra das novidades para este ano académico é o incremento da contía da bolsa que percibe cada estudante, un máximo de 1.500 €, fronte aos 1.100 do curso 2015/16. Co fin de premiar o esforzo e a excelencia, o expediente académico foi o único criterio para a concesión da axuda.

Dos que obtiveron a bolsa, un total de 60 son alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, 32 da da Coruña e 45 da de Vigo. Por países de destino o máis popular é México (30 estudantes), Chile (27), Arxentina (26), Brasil (22), EEUU (6), Uruguai (5), Canadá (4), Taiwán (4), Perú (2), Malasia (2), Colombia (2), Australia (1), Corea del Sur (1), Costa Rica (1), Cuba (1), Ecuador (1), Xapón (1) e Suíza (1).

O obxecto do programa, que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2011-12, é apoiar economicamente ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia que participan nun programa de mobilidade autorizado pola súa universidade en países extracomunitarios, o que redunda na internacionalización do SUG.

También te puede interesar