Vigo al minuto

O alcalde anuncia que «hoxe ponse en marcha a recuperación da Panificadora»

panificadora-1O alcalde informou este venres que a Xerencia de Urbanismo aprobou os seus orzamentos para o ano que ven: 9,5 millóns, o que implica un incremento de 2,4 millóns, dende os 7,1 do ano pasado, en conxunto un 33,5% maís.

As partidas más salientabeis son as que se adican a crear un paseo de 7 metros de ancho na  Avenida de Europa, entre a Avenida de Castelao e Samil; tamén 250.000 € para a redación do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), proxecto para o cal Abel Caballero reclamou ao Goberno de Galicia unha aportación de máis do 50% do custo do proxecto, considerando que  anulación do Plan de 1993 foi a causa dunha actuación indebida da Xunta.

Caballero sinalou que a parte máis importante deste orzamento son os 2.500.000 € para a recuperación da zona da Panificadora e do espazo lindante coa Praza do Rei. O alcalde sinalou que con este paso “hoxe poñemos en marcha a Panificadora e xa non hai marcha atrás”.

A Xerencia decidiu aprobar un gasto de 124.657€ para o prego do concurso de ideas e adiantou que o gañador, ademáis de recibir 50.000 € será quen redacte o proxecto. “Levamos medio século agardando esta decisión”, asegurou Caballero quen amosouse seguro de que Zona Franca “afronta este proxecto co mesmo entusiasmo que o Concello”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.