Galicia

O sector da alimentación de Pontevedra non descarta chegar á folga

asamblea-alimentacion

O comercio de alimentación da provincia de Pontevedra non descarta chegar á folga despois de que tras 15 reunións coas patronais ASAP e FECOIN sigan sobre a mesa «as súas propostas agresivas para o convenio» do sector, «tentando laminar logros anteriores e impoñer recortes coa excusa da competitividade». Así o aseguran as centrais sindicais, que rexeitan de forma unánime as propostas do convenio e que falan de folga «se tocan puntos innegociables».

Os representantes laborais falan de «retrocesos en contido e en tempo», xa que a proposta empresarial contempla 5 anos de duración, con aumentos salariais do 0,50% para 2016 e 2017 e do 1% anual até 2020. Ademais, pretenden conxelar a antigüidade a cambio de 20 euros mensuais durante os dous primeiros anos de vixencia, non consolidables. Mentres, as centrais demandan unha suba de 50 euros liñais ao mes con revisión salarial e para o caso dos pluses, un 4%.

No tocante a xornada, a actual de 40 horas semanais sería modificada pola de 1.826 horas anuais co ánimo de distribuílas baixo criterios de flexibilidade, fronte ás reivindicacións sindicais de 38 horas e media con 20 minutos de pausa e xornada continuada «naqueles centros onde sexa factible».

Os descansos semanais, pola súa parte, perderían a mellora contemplada no actual convenio, podendo acumularse en períodos de até 14 días. Tamén se eliminaría o descanso diario de 12 horas entre fin e inicio da xornada seguinte. Os almacéns non pecharían no mediodía, pasando a abrir mañá e tarde. En contraste, para a representación das traballadores é fundamental o peche a partir das 15h en días como o 24 e 31 de decembro por cuestións de conciliación.

O complemento para acadar o 100% do salario desde o inicio da baixa desaparecería, cubríndose só o 75%.

Eliminación da promoción automática

Unha das propostas máis «regresivas» para as centrais sindicais é a eliminación da promoción automática, mediante a cal aos tres anos se ascende á categoría superior. A nova clasificación de persoal contempla a creación de catro grupos “moi amplos” para “forzar unha mobilidade funcional absoluta”, reducindo a especialización.

O actual convenio limita os contratos de obra e servizo “só a novos establecementos” e exclúe a posibilidade de celebralo “máis dunha vez co mesmo traballador” para evitar a “picaresca” anterior, cando a patronal trasladaba o persoal a diferentes filiais para impedir a acumulación de antigüidade. Agora pretenden ampliar esta modalidade a calquera suposto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.